A historia
A farola da esquina era das antigas, de ferro pintado e brazo curvo, cunha lámpada que levaba anos fallando. Escintilaba a ratos, cun zumbido feble que só se oía cando a rúa quedaba en silencio. A veciñanza avisou varias veces para que a cambiasen e nunca veu ninguén. Ao final afixéronse a aquela luz nerviosa, como quen se afai a unha billa que pinga.
Cando FROG revisou as gravacións da súa rúa, despois de que a Néboa a borrase, decatouse de algo: os escintileos non eran ao chou. Eran puntos e raias. Código morse. Durante semanas, a lámpada repetira a mesma frase, e a frase falaba dunha sinatura. Ninguén a leu a tempo. Cando FROG a descifrou, a rúa xa non existía e a sinatura de KOI xa estaba no seu sitio.
Na Paralela, a lámpada segue escintilando, agora na palma da túa man. Quen a ten di que nota os sinais próximos antes ca ninguén, coma se tivese présa por avisar. O que ninguén descubriu é quen a programou para falar. Foi alguén da rúa? Ou foi a propia Paralela, tentando salvarse?
Punto, punto, punto. Raia, raia, raia. Punto, punto, punto. Corenta noites seguidas, e ninguén mirou para arriba.
Nota de FROG no seu caderno de Poblenou