A historia
Un plano turístico de Sevilla, deses que se regalan en calquera oficina de turismo, dobrado e desdobrado tantas veces que os pregues xa son brancos. Énchenno notas en bolígrafos de todas as cores, cada unha cunha letra distinta: «aquí aprendín a andar en bici», «este banco ten sombra ás cinco», «a avoa de alguén dálle auga a quen lla pida», «aquí vese o río mellor ca desde a ponte».
Atopouno COLMENA esquecido nun posto do Mercado de Triana, e PANAL viu nel unha idea. Cando KOI comezou a converter rúas en títulos para vendelas na Cartuja, a asemblea propuxo facer o mesmo que fixera aquel plano: apuntar nun mapa común todo o que vale de verdade nunha rúa. Non en euros. En vida. As notas do papel foron as primeiras en subir a La Capa.
Na Paralela, o mapa segue agochado preto do mercado, e o raro é que nunca está igual dúas veces. Cada vez que alguén de Sevilla engade un sitio a La Capa, aparece unha nota nova no papel, cunha letra que ninguén recoñece. Quen a escribe?
Se atopas este mapa, apunta algo teu e déixao onde estaba. Non fai falla que sexa importante. Abonda con que sexa verdade.
Nota escrita a man na marxe do plano