A historia
Cheira a metal en canto o tocas. É un anaco de tea azul de buzo de traballo, cadrado, cos bordos desfiados e cosido con fío de cobre en vez de algodón. O cobre brilla cando lle dá a luz e quédache nas xemas dos dedos. Viña dun buzo que se usou durante décadas nos obradoiros do porto de Xixón e que se remendou tantas veces que acabou sendo máis remendo ca buzo.
O fío de cobre foi idea de TUERCA: conduce, e na Paralela o que conduce resiste mellor. Cando a Néboa se achegou a El Musel, a xente de ÓXIDO coseu remendos así en todo o que non podía perder: mochilas, chaquetas, toldos de postos. Moitos aguantaron. Este quedou nunha corda de tender do barrio, xunto á antiga Tabacalera, cando a roupa xa non estaba.
Na Paralela é a recompensa de quen completa enteira unha zona de Xixón. Cóseseche só ao avatar. Contan que cada remendo de cobre é unha porta que alguén protexeu, e que xuntos, algún día, formarán un buzo completo para quen o mereza.
Fío de cobre, que conduce. O que conduce resiste. Cose ti, que eu xa non vexo a agulla.
TUERCA, nota pegada na mesa do obradoiro