A historia
Unha ficha de cartón ámbar, redonda, cun burato no centro e un nome escrito a bolígrafo que se borrou case por completo. COLMENA usa estas fichas nas súas asembleas: cada persoa recibe unha e métea nunha caixa de zapatos forrada de papel. Cóntanse en voz alta, unha por unha. Se sobra ou falta algunha, vólvese votar.
No capítulo de Sevilla, a votación para entraren todos á vez na poxa de KOI foi a máis axustada que lembra COLMENA. Empataron. Durante uns minutos ninguén falou. Despois apareceu na caixa unha ficha máis, a que faltaba, e con ela a proposta saíu adiante. Ninguén viu quen a meteu. Cando a caixa pasou á Paralela para contala alí, a Néboa borroulle o nome a esa única ficha.
Agora o voto que faltaba circula pola Paralela de Sevilla e só se deixa ver cando hai moita xente buscándoo á vez. Algúns cren que foi dalgunha entidade; outros, de alguén que chegou tarde. PANAL non o di, aínda que sorrí cando llo preguntan. E se o voto que faltaba era o teu?
Douscentos once a favor. Douscentos once en contra. Volvemos contar. Douscentos doce. Ninguén se move. Que conste en acta: non sabemos de quen é, pero conta igual.
PANAL, reconto da asemblea de Sevilla